sábado, 25 de noviembre de 2017

25 de Novembro, día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres


O Club Baloncesto Cambre únese á campaña “En negro contra as violencias” contra a violencia de xénero, da que xa formamos parte mais de 150 institucións, asociacións e comercios. Entre eles o Concello de Cambre xunto con outros 55 concellos de toda Galicia e tamén dúas Deputacións. 

Senior Masculino 1ª División.

Con motivo da celebración do 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, do 23 ao 26 de novembro, tinguiranse de negro varias asociacions e institucións do noso municipio, entre eles pavillóns e todos os nosos equipos.

Senior Masculino 3ª División.


O Concello de Cambre costeará a impresión de lonas e camisetas e os distribuirá por aquelas asociacións, comercios, institucións e entidades do concello que se unan á campaña. Nesta iniciativa tamén colabora a Deputación da Coruña coa distribución do material aos concellos participantes.

Infantil + Cadete Feminino.


O obxectivo é sensibilizar á poboación sobre as violencias machistas e entendemos que traballando do mesmo xeito en toda Galicia conseguiremos unificar a imaxe de repulsa e darlle maior visibilidade. Os estabelecementos comerciais, institucións e a cidadanía en xeral vestiremos de negro en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia.

Cadete Masculino 02

Segundo concelleira de Igualdade do concello de Cambre, María Jesús Gómez, adherirse á campaña “é unha boa maneira de concentrar as forzas para a loita contra a violencia polo que pide a colaboración das entidades veciñais, empresariais, comercios, club deportivos e veciñanza en xeral para acadar o maior impacto posible”.

Infantil Masculino 2ª División.


Baixo o lema “Queremos vivir libres de violencias machistas”, todos os distintos equipos que conforman o Club Baloncesto Cambre lucirán as camisetas da campaña nos partidos e adestramentos realizados entre o 23 e o 26 de novembro e subirémolas as nosas redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram) cos hashtags: 

Junior Masculino 2ª División



#EnNegroContraAsViolencias
#Cambreennegro
#Galiciaennegro#ContraAsViolencias


Benxamín Mixto


O obxecto desta campaña é que ésta teña a maior difusión posible entre a nosa sociedade.

Cadete Masculino 03