xoves, 30 de abril de 2020

O C. B. Cambre colaborará co banco de alimentos de Cambre



Pese o estado de alarma que paraliza a nosa principal actividade, o Club Baloncesto Cambre colaborará, o igual que outros clubes e asociacións, co Concello de Cambre e os seus veciños.

Nesta primeira aportación, o club fixo unha donación dun lote de alimentos á despensa municipal. Outras medidas que se farán nos vindeiros días será a devolución de cuotas correspondentes ós meses de abril-xuño. A nosa directiva sigue traballando en todos os posibles escenarios nos que se move todo o país nas próximas semanas.

Agradecemos ó noso supermercado colaborador, Autoservicio Vila de Cambre S. A., e a tódolos seus empregados. Aproveitamos para darlles as grazas a eles e a todas polo esas persoas que seguen a traballar para facer esta situación o mais levadeira posible.


Se queres colaborar co club ou facer algún tipo de consulta, podes poñerte en contacto connosco a través das redes sociais, o correo electrónico ou por teléfono.


O Club, en nome da súa directiva, mándavos moito ánimo a tod@s, xa queda un día menos para voltar!!!