luns, 7 de xuño de 2021

CAMPAMENTO DE VERÁN CB CAMBRE






O Club Baloncesto Cambre presenta a 11ª edición do seu campamento de verán, unha gran oportunidade para aproximarse ó baloncesto dende a súa vertente mais divertida y recreativa.



- Esta actividade está pensada para nen@s nados entre os anos 2003 y 2015, aínda que se poderían facer excepcións puntuais de idade.



- O campamento celebrarase en 2 turnos, coincidiendo cas dúas primeiras semanas de vacacións escolares. O primer turno será a última semana de xuño e principios de xullo, os días 28, 29, 30 de xuño e 1 e 2 de xullo (no pavillón Sofía Toro de Cambre). A segunda tanda será a semana siguiente, a primeira de xullo, os días 5, 6, 7, 8 y 9 de xullo (tamén no pavillón Sofía Toro de Cambre).





Pavillón municipal Sofía Toro de Cambre:



(Rúa Wenceslao Fernández Flórez, 14, 15660 Cambre, A Coruña. Teléfono: 981 65 52 81.

https://goo.gl/maps/Lijrsnzvaz82

https://www.google.es/maps/place/Pavill%C3%B3n+Sof%C3%ADa+Toro/@43.29174,-8.3471045,15z/data=!4m5!3m4!1s0x0:0xf318197398ae78d4!8m2!3d43.29174!4d-8.3471045






¿QUÉ ACTIVIDADES FAREMOS NO CAMPAMENTO?


As actividades que faremos serán adaptadas e, dende un marcado componente lúdico, traballaremos actividades relacionadas coa educación física de base, tareas cooperativas e de psicomotricidade, buscando que as nenas e nenos se relacionen e coñezan xente nova.

Como proposta de actividades teremos xogos populares e actividades o aire libre, actividades e xogos en inglés, outros deportes, xogos con auga, concursos, sorpresas... E por suposto, BALONCESTO!



Os participantes dividiranse en grupos por idades e sempre cumprindo ca normativa sanitaria correspondente. Contaremos con graduados en Ciencias do Deporte e da Actividade Física, así como monitores de Ocio e Tempo libre e outros titulados.


Na edición do ano pasado, tocou visita ó Aquapark de Cerceda e o Lasertag.



¿CÓMO SERÁ A XORNADA?


Cada día do campamento comenzará as 9:00 horas e rematará as 15:00 horas, tamén con posibilidade de excepcións e casos puntuais.





OPCIÓNS E PREZOS:


Como xa dixemos, nesta edición teremos 2 turnos de campamento, caa posibilidade de apuntarse a primeira semana, á segunda ou a ámbalas dúas:



1 semana:

· Xogadoras/es do clube ou inscritos/as no campus 2020: 95 €.

· Non pertencentes ó club: 100 €.

· 2º irmán: 80 o 85 €.

· 3º irmán e posteriores: 60 o 68 €.



2 semanas:

· Xogadoras/es do club ou inscritos/as no campus 2020: 165 €.

· Externos ó club: 170 €.

· 2º irmán: 140 o 145 €.

· 3º irmán e posteriores: 115 o 119 €.



* Desconto de 5 € por cada amig@ que se traia e 7 € polo segundo ou sucesivos. Estos non poderán estar no club ou que estiveran nos nosos campamentos do 2020.





OPCIÓN MADRUGADORES/AS:

· Ofreceráse almorzo no pavillón a partir das 08:15 horas. Coste adicional 6 euros persoa/día (mínimo de 6 persoas).




OPCIÓNS DA COMIDA:

· Entregarase a todos os nen@s unha peza de froita, pastel e zume a media mañá, sen ningún coste adicional. Traerán a súa propia comida da casa para a hora do xantar.

· Podes encargarnos o xantar: por 5,50 euros día/persoa, o que o solicita ten bocadillo, bebida e postre (pódese encargar tamén en días soltos).





¿CÓMO INSCRIBIRSE? E DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

É moi sinxelo, só se necesitan 2 pasos:

1. Cubrir toda a folla de inscripción e entregárnola, ben por mail ó correo: clubbaloncestocambre@hotmail.com, redes sociais ou en man, no pabellón Sofía Toro (Cambre), no seguinte horario: de luns a venres entre as 19:00 e as 21:00 horas.

DESCARGA FOLLA INSCRIPCIÓN  



2. Pago. Preferiblemente en efectivo nas oficinas do Clube (Sofía Toro).



- Para outras opcions, e máis información podedes escribir ou chamar os responsables da actividade: Marcos Prieto (662 663 572), Javier Prieto (627836118) e Borja López (653 92 00 54).



Nota: Para a realización do campus terá que haber un número mínimo de nenos/as que será de 14, que serán divididos en grupos dependendo da súa idade e o numero. Dependerá tamén da normativa vixente do momento. O número máximo de nenos aceptados nos campamentos será determinado polo organizador.





Non  deixes a inscripción para última hora, xa que poderías quedarte sen prazas!!

Esperámoste!

1, 2, 3, CAMBRE!!!