xoves, 11 de febreiro de 2021

Javi Castellanos será o representante do club no II Torneo Autonómico 2K21

 


Javier Castellanos Pacín (A Coruña, 2005), xogador cadete que cumpre este ano a súa primeira no club, será finalmente o representante do C. B. Cambre no Torneo NBA 2K21.


Este torneo de Play Station é unha iniciativa levada a cabo polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, co apoio da Federación Galega de Baloncesto e a colaboración da tenda deportiva Tiro Libre, coma resposta ó parón das competicións pola situación epidemiolóxica que estamos a sufrir no territorio. Esta segunda edición terá lugar o domingo 14 de febreiro do 2021 a través da canle de Twitch de dito clube e reunirá a 32 clubes e entidades da FEGABA que loitarán polo título de campión.

Será a primeira vez que participamos e esperamos que sexa a primeira de outras moitas!


Podes ver os requisitos e as bases de competición, na web do 6 do Nadal.






Dende o Club Baloncesto Cambre, dámoslle a Javi a noraboa e mandámoslle toda a sorte do mundo para o domingo. Estaremos pendentes del durante o transcurso da competición.




1, 2, 3, CAMBRE!!!